Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Whatsapp: mensaxería instantánea

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Adultos

Require inscrición

De maio a decembro

En que consisten os cursos de whatsapp?

Pensas que non lle estás sacando todo o proveito ao teu móbil? Gustaríache coñecer todos os recursos de Whatsapp para comunicarte con familia e amigos?

Con este curso de Whatsapp poderás estar ao día en comunicación de forma segura aprendendo a xestionar os teus contactos telefónicos, creando grupos de difusión para enviar fotos, documentos ou, mesmo, a túa situación no mapa.

Onde e cando

Lugar Datas Prazas
Biblioteca Ágora De maio a decembro 8
Biblioteca Fórum De maio a decembro 8
Biblioteca Castrillón De maio a decembro 8
Biblioteca Os Rosales De maio a decembro 8
Biblioteca Monte Alto De maio a decembro 8
Biblioteca Sagrada Familia De maio a decembro 8
Biblioteca Infantil e Xuvenil De maio a decembro 8

Obxectivos do curso

  • Dar a coñecer toda a potencialidade desta ferramenta de comunicación.
  • Proporcionar os coñecementos básicos necesarios para a xestión de contactos agrupándoos por categorías, o envío, recepción e reenvío de mensaxes e a utilación de distintos soportes (fotos, gravacións sonoras…)

Programa do curso

  • Whatsapp e outros sistemas de mensaxes
  • Instalación
  • Configuración básica: fondos, notificacións, sons, iconas etc.
  • Privacidade, lectura e confirmación de lecturas
  • Xestión de contactos
  • Creación de grupos
  • Envíos e recepción de mensaxes de texto
  • Reenvío de mensaxes
  • Envío de adxuntos: fotografías, gravacións sonoras, vídeos e xeolocalizacións
  • Consumo de datos e uso do wifi

Requisitos para inscribirse

  • Persoas maiores de 18 anos propietarias dun teléfono coa aplicación
  • Se estás interesada/o en repetir algún curso, terás que facelo nunha convocatoria anual distinta
  • Se non podes asistir ao curso no que te inscribiches é importante que o comuniques. Pola contra, durante a convocatoria anual en cuestión o sistema non che permitirá realizar ningunha outra inscrición
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña non outorgan nigún certificado ou diploma por estas accións formativas

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión