Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Arrolos de salitre, con Faia Díaz e Guillerme Fernández

Por tipo de público:

Familias

A quen vai dirixido?:

Familias

Cando:

25/05/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/05/2019 ata o 24/05/2019

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta, e tamén ás nais e pais que están a agardar un bebé. Só precisa a inscrición a/o nena/o. (As futuras nais e pais tedes que nos enviar un correo-e a lingua@coruna.es co asunto "Inscrición Arrolos").

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

12.30 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

As familias aprenderán melodías tradicionais da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández.

As nais e os pais poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce ao arrolaren os seus bebés e trasmitírenlles desde o comezo o apego á nosa lingua e música.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 11.00 e ás 12.30 horas. 

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión