Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Verde comprometida: ruta interpretativa polo río Mandeo

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

+ 10 anos

Cando:

25/03/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/03/2017 ata o 24/03/2017

Require inscrición

Contacto:

Sostenibilízate! Biblioteca Verde aínda máis verde. Comprométe e participa nas actividades intexeneracionais ao aire libre.

Biblioteca Verde, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, e con motivo do Día Internacional dos Bosques, organiza unha ruta interpretativa polo Río Mandeo ao seu paso por Betanzos e Coirós. Sen dúbida, un bo xeito de gozar dun percorrido pola arte e a cultura e descubrir os segredos da natureza no río Mandeo.

A Ría de Betanzos será o punto de partida, onde desemboca o Mandeo e se une co Río Mendo. Iremos percorrendo a parte urbana do río polo paseo da Ribeira, do Malecón, pasando pola Ponte Nova e pola Ponte Vella. Poremos rumbo río arriba pola senda que se adentra na parte de maior riqueza natural cara o Campo dos Caneiros para acabar chegando ao Coto do Chelo.

 Ao longo do percorrido as persoas asistentes estarán acompañadas por persoal bibliotecario e polas persoas expertos de Puertas Afuera,  que se encargarán de guiar e realizar as explicacións da actividade.

A dificultade da ruta é baixa e a súa  duración estipulada é de 2 horas, aproximadamente, contando a ida e a volta.

As persoas adultas poderán asistir con nenos e nenas maiores de 10 anos, que tamén necesitan inscrición.

O desprazamento da Coruña a Betanzos, en autobús, será gratuito. Sairemos ás 9.30 horas de San Pedro de Mezonzo e regresaremos a ese mesmo lugar ás 14:30 horas.

Queres saber ...

  • Biblioteca verde

    É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión