Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Verde: SIMPLEmente RECOLLE

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

+ 16 anos

Cando:

28/11/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/11/2018 ata o 28/11/2018

Require inscrición

Horario:

de 19.00 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

 981 184 388

Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir. Descúbreas!

Da man da ONG Coge3, coñeceremos a problemática dos plásticos nos océanos, a súa orixe e posibles solucións coa proxección do documental As bágoas da serea e a posterior charla sobre as alternativas ao consumo de plástico.

Demostrando o xigantesco desbordamento dun produto tan útil e cotián, o documental pretende axudar a comprender como o plástico mellorou a nosa calidade de vida, pero como tamén, e debido ao noso consumismo, está deixando saturados os nosos océanos... As bágoas da serea é un documental onde se amosa a beleza da costa de Galicia e como está a sufrir pouco a pouco, en silencio.

Hai alternativas, é posible, súmate ó cambio!!

Queres saber ...

  • Biblioteca verde

    É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión