Charlas e debates
Persoas adultas
+ 18 anos
21/03/2019
Xa rematou
19h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Conversa e coloquio con Raquel Martínez Buján sobre as migracións.
Non cabe dúbida de que os movementos migratorios son un dos fénomenos máis importantes de comenzos do século XXI, provocando todo tipo de reaccións sociais e políticas, así como xenerando agrios debates sobre as identidades culturais das sociedades que se ven afectadas por eles. Pero, canto hai de mito e canto hai de verdadeiro na percepción social do fenómeno? Que historias de vida hai detrás das caras que vemos diariamente nos medios de comunicación?
Para tratar de responder a estas e outras moitas cuestións sobre o tema contaremos coa presenza de Raquel Martínez Buján, decana da Facultade de Socioloxía da UDC e membro do ESOMI (Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais).
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible