Clubs
Persoas adultas, Xuvenil
25/10/2017
Xa rematou
Dende o 18/09/2017 ata o 25/10/2017
De 18:30 a 20:00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Volta o Club de Lectura de Cómics
No mes de Outubro comezamos cunha nova tempada do Club de Lectura de Cómics. Un espazo participativo e de reunión no que intercambiar ideas, experiencias e impresións a través da lectura común dunha obra de BD. Un espazo no que ti es o protagonista.
O Club está dirixido a persoas a partir de 15 anos e reunirémonos o último mércores de cada mes ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano.
Queres saber ...
En que consiste o club de lectura de cómic?
Destinado a persoas a partir de 15 anos, o Club de Lectura de Cómic é un grupo que se reúne periodicamente para comentar e valorar un cómic proposto e proporcionado dende as Bibliotecas Municipais da Coruña. Tanto a selección cómics como as sesións para a posta en común realízanse coa axuda e orientación dunha persoa bibliotecaria coa que compartir experiencias e impresións sobre a lectura.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible