Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club Miúdo: club de lectura infantil, de 9 a 11 anos

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

de 9 a 11 anos

Cando:

25/10/2018

Encontros quincenais

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/10/2018 ata o 25/10/2018

Require inscrición

Horario:

de 18.30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

O club Miúdo está de volta cun Scape Room!

Tes entre 9 e 11 anos e queres sumerxirte de cheo nas aventuras que atopamos nos libros?

Se é así, o xoves 25 de outubro comezamos unha nova andadura do Club Miúdo, esta vez cun máxico Scape Room no que estaremos atrapados con Alicia! Si, si, a do País das Marabillas!!!

Coma sempre, as reunións serán os xoves, cada quince días, de 18:30 a 20:00h.

Agardámoste!

Queres saber ...

  • Clubs de lectura infantís

    En que consisten os clubs infantís?

    Os clubs de lectura infantís son eminentemente lúdicos e reúnen un grupo de nenos e nenas con intereses comúns e afección pola lectura.

    Neles realizamos lecturas diversas que inclúen temas, obras e coleccións do teu interese. Ademais promocionámosche obras pouco coñecidas, autores/as e literatura que completarán o teu percorrido lector introducíndote a historias, autores/as e temáticas que che resultarán novas.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión