Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Comerá o bebé?, de Cris de Caldas e Xabi do Camiño

Por tipo de público:

Familias

A quen vai dirixido?:

Crianzas de 1 a 3 anos

Cando:

15/06/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 10/06/2019 ata o 14/06/2019

A inscrición comezará ás 10.00 h. Só precisa anotarse a crianza que teña entre 1 e 3 anos, que terá de vir acompañada dunha persoa adulta. Se por algún motivo non puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

12.30 horas

Duración:

1 hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada de balde con inscrición previa

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Unha dúbida cotiá que provoca que a persoa adulta teña que botar man da súa imaxinación para dar con aquel xogo, con aquel conto ou con aquel canto que faga máis atractivo o momento da comida.

A voz e a música de Cris de Caldas e Xabi do Camiño vanse mesturando e tratan de resolver o gran misterio con algunhas das fórmulas máis tradicionais que se utilizaron de sempre para facer do momento da comida unha experiencia máis agradable. E comerá o bebé? Ven descubrilo!

Esta actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dúas sesións: unha ás 11.00 e outra ás 12.30 h.

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión