Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concerto de Nadal: Capriccio vocale

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

15/12/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

Ven ao IX Concerto de Nadal organizado pola Biblioteca de Estudos Locais

Olga Raíces viaxou de Venezuela a Santiago de Compostela aos once anos de idade. Aquí iniciou os seus estudos de canto para continualos, máis tarde, coas mestras Ana Fernaud, Marimí del Pozo, Teresa Tourné e Inés Rivadeneira en Madrid. Participou en cursos internacionais de canto e asistiu á cátedra de canto do Curso Universitario Internacional "Música en Compostela". Realizou xa varias xiras por América e Europa e gravou tres discos. Na actualidade traballa como mestra especialista en Educación Musical.

O coruñés Fernando Enseñat-Berea comezou os seus estudos de canto coa soprano María Luisa Nache. Despois dunha longa paréntese, proseguiraos coa mezzosoprano coruñesa Conchita Fraga e, xa en Madrid, coa soprano Josefina Arregui. Formou parte de diversas agrupacións corais galegas. Como solista interpretou música relixiosa nas catedrais de Mostar (Bosnia-Herzegovina), Estrasburgo e Valladolid, Igrexa da Natividade de Saverne (Francia), o Mosteiro de Poio, Los Jerónimos (Madrid), as Capelas Castrenses de Madrid, A Coruña e Estrasburgo, entre outras.

Julián Jesús Pérez naceu na Coruña no ano 1965. Doutor en Didáctica da Lingua e da Literatura pola Universidade da Coruña, posgraduado en Educación Musical pola Universidade Autónoma de Barcelona, titulado en piano, licenciado en Filoloxía inglesa, diplomado en Dirección Coral e profesor titular de Música en Secundaria. Fundou e dirixiu diversas agrupacións corais.

Non perdas o concerto Capriccio vocale, onde estes tres artistas unen os seus talentos na biblioteca, no xa tradicional Concerto de Nadal que este ano chega á súa novena edición.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión