Fotografía tomada da web das Bibliotecas de Barcelona
Outras actividades
Para público en xeral
Todos os públicos
Dende o 04/10/2017 ata o 16/10/2017
Xa rematou
981 184 384
Baseándonos no fenómeno #Bookfacefriday, polo que un libro se converte na túa cara, lanzamos o #BookfaceBMC #AgoraSonunLibro para promover libros en lingua galega.
Morgan Holzen, bibliotecaria da New York Public Library, quería animar a xente a participar nas redes sociais da biblioteca e pensou en incorporar libros nas súas publicacións. Inspirada nunha iniciativa anterior, Sleeveface, que usaba portadas de discos para reemprazar caras, pensou en facer o mesmo pero con libros.
As bibliotecas collemos a súa idea e convidámosvos a participar promovendo a lectura en galego.
Como participar?
Que consigo por participar?
As 5 fotografías con máis "Gústame" en Instagram gañarán 2 entradas cada unha para o concerto do AgoraSón 2017 do 20 de outubro.
Elixe un libro en galego, convérteo na túa cara e sube a fotografía ao Instagram. Non esperes máis!
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible