Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corazón do barrio. Outono científico: Sabes o que comes?

Corazón do Barrio 2019 estará adicado á ciencia. Achegamos a ciencia á nosa vida cotiá ofrecendo charlas, obradoiros e unha ampla selección temática.

Para esta actividade contamos coa colaboración de Deborah García Bello, química e divulgadora científica, autora de Todo es cuestión de química y Que se le van las vitaminas e tamén dun blog polo que recibiu o Premio Bitácoras 2014 ao mellor blog de ciencia nacional.

Nesta ocasión a charla centrarase na alimentación porque vivimos rodeados de mitos sobre este tema. Un adecuado coñecemento da ciencia pode axudarnos a solventar moitas dúbidas na nosa vida cotiá, por exemplo sobre o aceite de palma, o glute, o azucre, os aditivos alimentarios, etc.

Haberá tamén algún pequeno experimento caseiro para completar a actividade

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión