Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: contos e música para bebés

Por tipo de actividade:

Contacontos, Bebeteca

Por tipo de público:

Infantil, Bebés, Familias

A quen vai dirixido?:

De 0 a 3 anos

Cando:

14/02/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/02/2018 ata o 14/02/2018

Require inscrición

Horario:

De 12.00 a 13.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

981 18 43 88

Organiza:

Biblioteca Infantil e Xuvenil - Durán Loriga

Cantos e contos, rimas e ditas, todo o necesario para que os máis pequenos das familias se acheguen ás letras, ás imaxes e á música dos libros.

O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA ofreceranos unha sesión de contacontos e música para bebés, de 0 a 3 anos.

A través de Cores, Piñeiro, Polo camiño ou A horta de Simón (X Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado) uniranse a narración, a experimentación sonora dos bebés e as familias ao puro pracer pola lectura e as historias.

O repertorio está especialmente deseñado para os prelectores, atendendo á sinxeleza dos textos, ao carácter definido e recoñecible das ilustracións, ás fórmulas acumulativas e repetitivas que favorecen a participación das nenas e dos nenos, ao ritmo e á musicalidade.

Preparados para escoitar?

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión