Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Curso de configuración do teléfono móbil 10/19

Por tipo de actividade:

Cursos e formación

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+14 anos

Cando:

Dende o 11/03/2019 ata o 15/03/2019

finaliza o 15 de marzo do 2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/03/2019 ata o 11/03/2019

Inscrición presencial na biblioteca

Horario:

09:00-12:00 h

Duración:

15 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Queres aprender a configurar o teu móvil?: batería, axenda, pantalla, tons, avisos e modos de conectividade.

Non deixes de aprendelo todo sobre o uso de contactos, os sistemas de mensaxería máis habituais e a descarga de aplicacións útiles para o teu día a día.

Programa do curso

  • Configuración do dispositivo    
    • Batería, luminosidade, bloqueos, volume e tonos.
    • Conectividade: datos, wi-fi, bluetooh, GPS
    • Que tarifa telefónica me interesa?
  • Mensaxería SMS
    • Envíos, notificacións, tonos, adxuntos.
    •  WhatsApp: Perfil, envíos, reenvíos, notificacións, arquivos adxuntos, fotografías, xeolocalización, grupos.
  • Apps: descarga e almacenaxe
  • Utilidades locais
    • Xornais
    • Bus urbano
    • Farmacias
    • Axenda de cultura

Queres saber ...

  • Formación en competencias dixitais

    Programa de formación en competencias dixitais para un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e participación na sociedade.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión