Concertos e recitais
Para público en xeral
28/02/2019
Xa rematou
De 19.00 a 20.00 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981 189 886
O último xoves de cada mes gozaremos da música na biblioteca da man do alumnado da Asociación de Estudantes do CSM da Coruña!
O ciclo "En clave de Á" naceu como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do CSM da Coruña e a Biblioteca para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara do Conservatorio nun espazo diferente. Con esta colaboración queremos dar a oportunidade ao alumnado de que ensaien o seu repertorio con público real e aos nosxs usuarixs de que gocen de música en directo.
Nesta ocasión, gozaremos da música da man do dúo de guitarra e piano, formado por Pablo Terraga e Luis Martínez, e do quinteto de metais formado por Xabi Doural (trombón), Alberto Calvo (trompeta), Diego Groba (tuba), Samuel Majo (trompeta) e Jesús Ares (trompa).
Dúo guitarra e piano / Pablo Terraga e Luis Martínez
Concierto de Aranjuez.
Joaquin Rodrigo
I. Allegro con spirito
II. Adagio
Quinteto de metais / Xabi Doural, Alberto Calvo, Diego Groba, Samuel Majo e Jesús Ares
- Preludio e fuga nº3. Bach
- Brass Quintent nº3. V. Ewald
- Escape. Kevin McKee
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible