Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Encontros con autores: presentación da obra de Miguel Vázquez Freire

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

20/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Achégate á historia da literatura infantil e xuvenil dende unha orixinal perspectiva galega!

Miguel Vázquez Freire é profesor, crítico, ensaísta, escritor e especialista en didáctica e educación. Ademais, foi director da revista "Golfiño" codirector da colección Merlín de Xerais, foi Presidente de GALIX e ten un amplísimo coñecemento da literatura infantil e xuvenil.

En "Da carapuchiña ao Señor Lamote: clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega" plantéxanse cuestións como: por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña? Era Alicia unha nena burguesa?

Unha obra contra a absurda concepción de opoñer unha cultura «elevada» fronte á literatura infantil e xuvenil.

Este encontro cos lectores e coas lectoras será presentado por Mª Jesús Fernández Fernández, mestra, socia fundadora e proximamente de honra de GALIX, colaboradora habitual da revista CLIJ e outras revistas especializadas, tamén coordinou o Seminario Papeles de Literatura Infantil.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión