Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Festa da música: Concerto da Camerata Brigantina en colaboración coa Sinfónica de Galicia

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

21/06/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.30h

Achégate celebrar con nós esta Festa da Música

A Camerata Brigantina, unha xoven orquesta de cámara, dará un concerto na entrada do edificio das Bibliotecas Infantil e Xuvenil e Estudos Locais, situado na rúa Durán Loriga, 10, co gallo da Festa da música, que se conmemora todos os 21 de xuño.

Nesta festa organízanse concertos de balde nas rúas, prazas, parques públicos ou edificios. En países coma Italia, Perú ou Luxemburgo acabou por converterse nun acontecemento nacional e no ano 2016 chegou a celebrarse en máis de 120 países.

Camerata Brigantina

  • Florian Vlashi, violín director
  • Solitas:
    • Buruktawit Martins

    • Valeria Martinez

    • Ana Molina

Programa

  • Albinoni: Adagio
  • Mozart: Concerto Nr. 3 en Sol Mayor para KV 216
  • Mozart: Concerto Nr. 4 para violín en Re Maior KV 218
  • Vivaldi: Concerto para dous violíns Op 3. Nr. 8
  • K. Jenkins: Palladio

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión