21 de setembro de 2016
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
A Federación de Asociacións para a Prevención dos Malos tratos infantís (FAPMI-ECPAT España) xunto coa Asociación contra o Abuso e Malos tratos Infantil en Galicia (AMINO.Gal), co apoio e financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a colaboración do Concello da Coruña, organizan o XII Foro "Xustiza e infancia" e o I Foro Autonómico en Galicia que terá lugar na Coruña o vindeiro venres 30 de setembro de 2016.
O Foro -centrado na identificación de boas prácticas para a mellora da atención a nenos, nenas e adolescentes no ámbito xudicial- está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito xurídico e de atención á infancia da Comunidade Autónoma de Galicia.
Centro de 09.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.30 h.
Actividade gratuíta ata completar a capacidade.
Máis información sobre o Programa "Xustiza e infancia"
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible