Encontros e presentacións
Persoas adultas, Xuvenil
+ 14 anos
25/04/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar aforamento
De 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Organizada e presentada por Ana Julia Martínez, Delegada en Galicia da UNEE.
Xornada Literaria da Delegación en Galicia da Unión Nacional de Escritores de España baixo o título "Cultura = Osíxeno" para celebrar a semana do Día do Libro.
No encontro ademais de Ana Julia Martínez, participarán a escritora Lucía Vilches Moya, unha barcelonesa arraigada pola súa obra poética a Galicia e Kiko Cabanillas que presentará a súa nova obra "Marrocos chámame".
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible