Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Outono coa Paz: Proxección da película "Tupac Amaru, algo está cambiando"

Corazón do Barrio 2018 estará adicado á Paz e a NonViolencia. As persoas usuarias poderán coñecer o proxecto da II Marcha Mundial pola Paz do 2019 e participar en distintas actividades para todas as idades.

Para esta actividade contamos coa colaboración da Asociación Humanista Internacional Mundo sen Guerras e sen Violencia.

Proxectarase o documental de Milagro Sala sobre a Túpac Amaru, unha organización de barrio da provincia de Jujuy, no norte arxentino. Esta película foi galardoada en 2013 en FICNOVA (Festival Internacional de Cine da NonViolecia)

Durante á crise arxentina da década dos 90, un grupo de jujeños decidíase a enfrontar a desorde que imperaba naquel momento. Para resolver as necesidades máis profundas do ser humano xurdiu unha organización que deu forma a un novo modelo de traballo cooperativo e solidario. É un exemplo de promoción do cambio e o crecemento a partires da loita pacífica.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión