Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Outono coa paz. A realidade das persoas refuxiadas

Corazón do Barrio 2018 está adicado á Paz e a NonViolencia. As persoas usuarias poderán coñecer o proxecto da II Marcha Mundial pola Paz do 2019 e participar en distintas actividades para todas as idades.

Contamos coa intervención de Xosé Abad, fotoperiodista e impulsor do proxecto Acampa e tamén a axuda da Asociación Humanista Internacional Mundo sen Guerras e sen Violencia.

Acampa pola paz e o dereito ao refuxio naceu para traballar na unidade de acción de organizacións e cidadanía fronte ao desamparo no que os estados actuais deixan a familias que solicitan un dereito elemental, o dereito ao refuxio. Persoas que escapan das consecuencias das políticas agresivas e inhumanas de grandes corporacións.

En definitiva, Acampa tenta responder solidariamente e exigir que se respecten os dereitos humanos en todo o planeta.

No segundo ano de vida de Acampa, a asociación quere profundizar nunha cuestión grave, urxente e non recoñecida por ningún gobierno: o dereito ao refuxio por cambio climático.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión