Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

LEOBEN: II Xornada de lectura e comprensión lectora

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Asociacións, Docente/Centro escolar, Familias

Cando:

26/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 09.00 a 13.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#Leoben, #ComprensiónLectora

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

A biblioteca como centro de recursos para achegar a lectura a persoas con dificultades de comprensión lectora.

Nestas xornadas preséntanse as principais dificultades de aprendizaxe da lectura, os recursos para abordalas e as experiencias prácticas das principais asociacións da cidade que traballan para os nenos e nenas con necesidades especiais.

Programa da xornada

09.00 Inauguración. A Biblioteca Municipal Ágora e o Centro de Interese Leoben. Cristina Ameijeiras, directora da Biblioteca Municipal Ágora.

09.30 A favor da lectura dende a biblioteca. Cristina Ameijeiras.

10.00 Como determinar cando un neno está preparado para ler. Video conferencia. Dr. Jordi Catalán Balaguer, Instituto Médico do Desenvolvemento Infantil.

10.45 A creación da coleción Makakiños. Un proxecto de BATA e Kalandraka. Mónica Santos, Asociación BATA.

11.15 Pausa-café.

11.30 Obradoiros

  • Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo. Yago García, ilustrador.

  • Os catro tesouros: obradoiro de escritura chinesa. Miguel Cortés, investigador.

12.30 A integración sensorial no desenvolvemento da comunicación. Cinty Martínez, psicóloga técnico especialista en Educación Infantil.

13.00 Mefacilyta. Os apoios audiovisuais na biblioteca. Iago Menduiña, servicio de Ocio de Aspronaga.

13.30 Clausura. O carácter fú.

Agardámoste!

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión