Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Diario sen datas dunha aborixe galega "

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

10/02/2020

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O vindeiro luns 10 de Febreiro ás 19,00 h. temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano a presentación do libro "Diario sen datas dunha aborixe galega" de Diana Varela Puñal, dentro do programa #LunsDeEncontros.

A obra está publicada por Edicións Laiovento, e foi escrita a modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo de aspiración pretenciosa, na que se abordan os temas que máis lle preocupan á autora. O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre os que xiran estes textos, con distintas manifestacións dentro de cada unha das materias.

Diana Varela Puñal

Nacida en Corme, Costa da Morte, trasladouse ós catorce anos á Coruña, onde exerce na actualidade como avogada. Colaborou no diario Galicia Hoxe coa súa sección semanal Cartas boca arriba.

Despois de gañar o Premio Díaz Xácome, de Mondoñedo, no 2006 obtivo polo seu poemario Fíos o Premio Uxío Novoneyra das Pontes de García Rodríguez. En decembro de 2010 publica o seu segundo libro, Animal Abismo.

No 2011 presentou o poemario infantil ilustrado, As trovas de Midas, publicado en formato dixital coa voz da propia autora, e en papel.

En decembro de 2012 gañou o premio Estornela de Teatro, coa súa obra Arlequino Viceversa. Presentou a dramatización de dúas pezas de teatro: Lúa de Mel, e A morte é a túa voz ausente. No 2016 publica Midas, Leo e o paraugas, peza teatral para nenos.

No ano 2015 publicou a súa primeira novela, Fin de Festa.

No ano 2017 publicou Ouvre la lucarne, selección de poemas en galego-francés, e o seu último poemario ata a data, Non, amor.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión