Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "La letra triste" de Eugenia Pérez Valcárcel e Mario Clemens Ryck

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

09/12/2019

Entrada libre ata completarse a capacidade

Xa rematou

Horario:

de 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

La letra triste: Unha obra cargada de intrigas, poder, sexo, relixión e pecados imperdoables, cunha narración que captura inmediatamente o lector, grazas ás súas diferentes esfumaturas. Familias nunha loita constante, cargadas de resentimentos que proveñen de vellas e non curadas feridas.

La letra triste fainos retroceder no tempo e lembrar unha época esquecida por moitos, onde se entrecruza a historia de España coa norteamericana. Misterios, enigmas e lobbies de poder únense nunha apaixonante historia, cun desenlace inesperado inclusive para os seus propios protagonistas, que sacarán a flote un segredo gardado por moitas xeracións.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión