Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Os milagres de Vilaseca do Río"

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 14 anos

Cando:

27/05/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

de 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O vindeiro luns 27 de maio ás 19,00 h. temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano a presentación do libro "Os milagres de Vilaseca do Río" de Antonio Balboa, dentro do programa #LunsDeEncontros.

Presentación organizada por Edicións Fervenza. Acompañarán ao autor, Xosé Luis Vilela, director de La Voz de Galicia; Xosé Ramón Freixeiro, profesor; Laura Cedrón, animadora sociocultural do Forum e Anxo Lorenxo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia.

O marco xeográfico en que a acción de "Os milagres de Vilaseca do Río" se desenvolve non se afasta moito da área mindoniense, pois ten o seu centro nunha aldea de nome ficticio nas proximidades de Vilalba, terras por onde Cunqueiro, convertido novamente en personaxe literaria, exerce un poder benéfico derivado da súa popularidade e bonhomía, cal eficaz conseguidor sempre disposto a apoiar causas nobres e xustas con base nos seus múltiplos saberes e nas súas privilexiadas relacións persoais.

As persoas que enfronten a lectura desta obra van achar nela moitos dos trazos singulares que caracterizan a escrita literaria de Antonio Balboa.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión