Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

O Libro da Memoria: da tradición oral ao álbum ilustrado

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Docente/Centro escolar

Cando:

17/03/2018

Xa rematou

Inscricións:

Actividade cancelada

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

Actividade cancelada

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

A tradición oral, un prezado tesouro que non debe perderse e a partir do cal será máis doado traballar a animación á lectura.

Cando se decide ter un bebé ou traballar coa primeira infancia debería embarcarse nunha importante viaxe, a de recoller a memoria das devanceiras, o que nos cantaban e nos contaban, aquela primeira literatura que foi pasando de xeración en xeración. Lembrar, preguntar e investigar para construír coa tradición oral un particular Libro da Memoria (da biblioteca, do barrio ou da familia), é un paso sempre necesario para facer lectores e lectoras.

Manuela Rodríguez (mestra, especialista en literatura infantil,  responsable editorial e fundadora de Kalandraka Editora) xunto con Ana Abelenda (educadora infantil, especialista en literatura para as primeiras idades e membro do equipo de animación á lectura da editorial Kalandraka) serán as encargadas de achegarnos os contos e cantos tradicionais, e as súas fórmulas de traballo para sacarlles o máximo partido cos máis pequenos.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión