Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Os Xoves na Sagrada - Jamie Fifthring & The Coffee Breakers

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

11/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.00 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Achégate a gozar da música en directo na biblioteca e aproveita para botarlle un ollo á selección de música.

Jamie Fifthring comezou a súa carreira en solitario no 2011 facendo unha revisión de clásicos do xénero como Steve Earle, Johnny Cash ou Lyle Lovett. Pouco a pouco foi incorporando temas propios ao seu repertorio, cos que gravou no 2015 o seu primeiro LP, Torches in the Alley, un dos 10 mellores discos galegos do ano segundo Mondosonoro e un dos 200 mellores discos internacionais do verán segundo 1001Records. Despois de xirar con este repertorio en solitario por salas e festivais de boa parte de España, Jamie presentou xunto a Mundo Bakale (batería) e Abel Romero (contrabaixo) The Pilgrimage. Agora presenta xunto á súa banda o que de seguro é o seu traballo máis ambicioso e persoal. ...And what if it's now? son trece cancións que van desde o folk máis intimista e campestre ata o rock influenciado polos 90's. Un traballo máis eléctrico sen perder nunca como referencia as grandes paisaxes de Norte América.

Queres saber ...

  • Os xoves na Sagrada: música entre libros

    En que consiste Os xoves na Sagrada?

    Os xoves na Sagrada son concertos entre libros, música e literatura unidos... Achégate a esta cita e descubre outra forma de gozar da biblioteca con estilos musicais de artistas de practicamente os 5 continentes: Aline Frazao, África Féte, Underskore Orkestra; de todos os barrios da nosa cidade: Os tres trebóns, Wolrus, May Thai & Torino Rockets; e doutros puntos de Galicia e España: Primordiais, Xoán Curiel ou El Kanka.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión