Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Os Xoves na Sagrada - Juan Jove Trío

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

08/06/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 20.00 a 21.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Achégate a gozar da música en directo na biblioteca e aproveita para botarlle un ollo á selección de música.

O Juan Jove Trío nace en 2008 e ten entre os seus compoñentes aos máis destacados músicos de jazz da Coruña. Juan Jove, guitarrista e compositor, ten unha grande experiencia como acompañante de varios artistas da música popular como Antonio Molina, Lorenzo Santamaría, Baccara e moitos máis, e internacionais como o canadiense Robbie Robertson. Inda que a súa formación como guitarrista é autodidacta, estudou linguaxe musical no conservatorio da Coruña e tamén ten un diploma no Seminario Permanente de Jazz "SPJ". Fundou a escola Stroke Roll en 1999 e actualmente dedícase ao jazz co seu trío e outros proxectos no mesmo xénero. Os seus outros compoñentes son: Helena Borges, batería, quen estudo percusión no conservatorio de Madrid e diplomada tamén no SPJ e Javi Lopez, baixo, quen ten estudos musicais na escola municipal da Coruña e tamén no conservatorio de jazz desta cidade. No repertorio de Juan Jove Trío hai composicións de varias épocas, desde Cole Porter a John Coltrane ou Joe Henderson.

Queres saber ...

  • Os xoves na Sagrada: música entre libros

    En que consiste Os xoves na Sagrada?

    Os xoves na Sagrada son concertos entre libros, música e literatura unidos... Achégate a esta cita e descubre outra forma de gozar da biblioteca con estilos musicais de artistas de practicamente os 5 continentes: Aline Frazao, África Féte, Underskore Orkestra; de todos os barrios da nosa cidade: Os tres trebóns, Wolrus, May Thai & Torino Rockets; e doutros puntos de Galicia e España: Primordiais, Xoán Curiel ou El Kanka.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión