Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Poetas di(n)versos: Vera Duarte e Lucía Novas

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

25/02/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.30h

Duración:

1h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

febreiro_2019.pdf (966 KB)

Continúa imparable a 10ª edición do ciclo mensual de recitais POETAS DI(N)VERSOS, as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

A poeta morracense Lucía Novas naceu en 1979 en Bueu. Licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, e hoxe exerce como docente de Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario.

Deuse a coñecer como poeta a través de galardóns iniciáticos coma o Minerva, o da Universidade de Vigo ou o Faustino Rey Romero. Ademais, é autora de tres libros de poesía: debutou con Epiderme de estío no ano 2001, publicado por Espiral Maior grazas ao Premio de Poesía Concello de Carral. Seguiulle Neve (2010), merecedor do Premio de Poesía Johán Carballeira. Mais a madurez poética e a consagración definitiva chegarán da man do seu terceiro poemario, Cervatos (Kalandraka, 2017), avalado por un amplo consenso crítico.

Alén diso, poemas da súa autoría aparecen recollidos en antoloxías como Novas de poesía. 17 poetas, Poetízate. Antoloxía da poesía galega,

Das sonorosas cordas. 20 poetas dende Galicia e Erato bajo la piel del deseo, así como en diversos volumes colectivos e publicacións periódicas, entre as últimas Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea. Interviu como relatora na Universidade de Salamanca, nas xornadas de Poesía Última da Fundación Alberti e no V Encontro de Novos/as Escritores/as da AELG.

A escritora e xuíza caboverdiana Vera Duarte Lobo de Pina é membro das Academias Caboverdiana de Letras, de Ciencias de Lisboa e Gloriense de Letras, así como Patrona dos Colóquios da Lusofonía.

Licenciada en Dereito, foi Ministra de Educación de Ensino Superior, Presidente da Comisión Nacional dos Dereitos Humanos e a  idadanía, Conselleira do Presidente da República e Xuíza Conselleira do Tribunal Supremo de Xustiza. Así mesmo integrou organizacións coma o Centro Norte-Sul Conselho d`Europa, a Comisión Internacional  e Xuristas, a Comisión Africana polos Dereitos Humanos e dos Pobos, a Asociación de Mulleres Xuristas e a Federación Internacional de Mulleres de Carreira Xurídica. Condecorada polo Presidente da República de Cabo Verde coa Medalla Ordem do Vulcão en 2010 e coa do Mérito Cultural en 2005, recibiu os premios Norte-Sul DH do Consello de Europa, o Tchicaya U Tam´si de poesía africana e o Sonangol de Literatura.

Publicou os poemarios Amanha Amadrugada (1993), O Arquipélago da Paixão (2001), Preces e Súplicas ou os Cânticos da Desesperança (2005), en traducións ao castelán e francés Ejercicios poéticos (2010), máis tarde De Risos & Lágrimas (2018) e, finalmente, a antoloxía poética Reinvenção do mar (2018). Igualmente editou, en prosa, A Candidata (2004), A Matriarca - uma estória de mestiçagens (2017), o volume de ensaios Construindo a Utopia (2007) e o de crónicas A Palavra e os Dias (2013).

Queres saber ...

  • Poetas di(n)versos

    En que consiste Poetas di(n)versos?

    O ciclo "Poetas di(n)versos" está composto de citas mensuais coa mellor poesía de Galicia e do resto do mundo. Son actos de arredor dunha hora de duración, abertos e totalmente gratuítos, nos que propios e estraños poderán gozar de versos lidos en idioma orixinal e en tradución ao galego, nas voces dos seus autores e autoras, para descubrir a forza e emoción da palabra lírica.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión