Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro "La sombra del Maestro" de Javier Montes

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

05/02/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

Presentación do Libro do escritor ourensán Javier Montes "La sombra del Maestro".

Javier Montes Gómez (Ourense, 1968) Deseñador de interiores e colaborador habitual do diario La Región, é tambien autor das novelas: "La Reina del Noroeste" (2005) unha novela de corte policiaco, un xogo de falsas aparencias e medias verdades, que terminan por desvelar unha soa verdade última, "El Refugio de Vegabaño" (2008) unha narración envolvente e torrencial, que abre un novo camiño na traxectoria literaria do seu autor, "Selkie" (2010) con esta obra, a arte narrador de Javier Montes, a súa vigorosa mestría técnica e o seu estilo preciso, alcanzan un grao extremo de plenitude e de tensión expresiva, "La sombra del maestro" (2013) irónica, sensual e doce con esta novela, o autor métese na mente dos personaxes dunha maneira máis conmovedora que nunca.

"La sombra del maestro"

A memoria viaxa sobre os ombreiros da linguaxe. Os recordos aquí xa non forman parte do pasado, son a maneira tan peculiar de entender a literatura deste autor ourensán. Entre pinceladas de humor, sensualidade e ironía, Javier Montes trasládanos aos tolos anos vinte, onde os protagonistas loitan corpo a corpo contra a fatalidade e a tristeza, alimentando novas ideas revolucionarias que farán tremer os cimentos de toda unha xeración.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión