Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro "Patacas e máis patacas" de María Acosta

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Xuvenil, Persoas adultas

Cando:

22/03/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

Ven coñecer a nova obra e charlar con María Acosta.

María Acosta Díaz (A Coruña, 1959) marcha a Madrid nos anos 80 estudar Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 1986 comeza o doutoramento en Antropoloxía Social ao tempo que colaboraba en Onda Latina, unha radio libre da cidade. Iníciase na escritura a finais dos oitenta. Traballadora en diversos oficios, sempre compaxinou a súa carreira laboral coa escritura.

En 1999 volve á Coruña e continúa perfeccionando o seu coñecemento da lingua galega, que comezara a estudar pola súa conta poucos meses antes do seu regreso. En 2008 fai unha escolla: a súa lingua preferida para escribir será o galego. Desde aquela fala, le e escribe na lingua do país.

A súa curiosidade lévaa ao estudo do italiano e, en 2010, poucos meses despois de comezar a estudalo, acada o primeiro premio, na modalidade de narración en italiano, do «VI Certame Literario John Towl», organizado pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña, co relato «A faticosa vita dei professori» («A dura vida dos profesores»).

É tamén autora da obra "O enigma dos nove sepulcros", publicada por Urco.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión