Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación: Introdución ás relatividades de Einstein

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

25/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

de 19.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Presentación da obra de Ramón Vilalta "Introdución ás relatividades de Einstein". Actividade enmarcada dentro do ciclo Outono Astronómico

É posible viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro? En ciencia, empregamos teorías e modelos para explicar os feitos observados e as leis científicas que obtemos da experimentación. Neste libro preséntanse os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorías; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teoría xeral.Atendendo a certos requirimentos podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluír do tempo».

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión