Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

SIMPLEmente Constrúe. Saída ao Módulo Bioclimático "A Vieira"

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Cando:

03/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/04/2017 ata o 03/05/2017

Require inscrición

Horario:

de 19 a 20.30 horas

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Hai outras formas máis sostibles de facer ou de vivir. Descúbreas!

Esta saída e visita ao Módulo Bioclimático "A Vieira" é un achegamento á construción sostible e con materiais ecolóxicos que nos permitirá coñecer este exemplo de bioconstrución presente na nosa cidade.

Baixo os orzamentos da bioconstrución é posible facer casas sas e ecolóxicas. Analizaremos nesta visita a importancia da localización, a orientación, os materiais, a enerxía, a eficiencia, o deseño etc.

Este módulo está situado no CIFP Someso da Coruña, lugar que será o noso punto de encontro para comezar a nosa visita ás 19.00 h.

Enderezo: Lugar Someso, 6, 15008 - A Coruña

Queres saber ...

  • Biblioteca verde

    É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión