Talleres
Familias
6 a 12 anos, con pais e/ou nais
27/01/2018
Xa rematou
Dende o 20/01/2018 ata o 27/01/2018
De 11:00 a 13:00 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 3, 3º. 15002 A Coruña
981 184 382
Unha proposta de meditación para nenos e nenas acompañados dos seus pais e nais
As "Sete Características Infantís" ou 7Cs é un programa de relaxación e meditación guiada para nenos e nenas cos seus pais ou nais, que combina o adestramento de sete características compartidas cos/coas deportistas de elite e as persoas de éxito: Confianza, Calma, Concentración, Compromiso, Creatividade, Contento e Control.
Acompañarémolo, ademais, de contos inspiradores e respiración relaxante.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible