Familias
Crianzas de 1 a 3 anos
08/06/2019
Xa rematou
Dende o 03/06/2019 ata o 07/06/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Só precisa anotarse a crianza que teña entre 1 e 3 anos, que terá de vir acompañada dunha persoa adulta. Se por algún motivo non puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
12.30 horas
1 hora
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada de balde con inscrición previa
Servizo de Normalización Lingüística
O universo en que se move este "Xente miúda, moita fartura" é de pequeno tamaño, coma a xente á que vai dedicado.
Fala das cousas máis próximas á vida dos pequenos e das pequenas, coma os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras, ou celebrar en galego un aniversario.
Esta actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dúas sesións: unha ás 11.00 e outra ás 12.30 h.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible