Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Recursos sobre igualdade e contra a violencia de xénero

As bibliotecas pola "Igualdade e contra a violencia de xénero"

Exposición de carteis e decálogo da Plataforma pola Igualdade

Esta selección de recursos foi elaborada polas bibliotecarias e bibliotecarios do barrio do Castrillón, co obxectivo de colaborar con todas as entidades do barrio na construción da igualdade e contra a violencia de xénero.

Todos os materiais que se recollen nesta guía están dispoñibles na biblioteca para convidar á formación, reflexión e compromiso de toda a veciñanza. Podes consultar a súa dispoñíbilidade tamén no catálogo en liña.

Esta guía vén complementar a exposición de carteis que entre o xoves 12 e o martes 31 de xaneiro acollerá o Centro cívico do Castrillón. Nela recóllense os traballos que se presentaron a finais do pasado ano ao Certame de Carteis contra a violencia machista convocado pola Plataforma.

O decálogo da Plataforma pola Igualdade e contra a violencia de xénero:

  1. Tratar as persoas con respecto.
  2. Recoñecer e valorar a diversidade.
  3. Sensibilizar e concienciar a veciñanza sobre o significado da violencia de xénero.
  4. Condenar e denunciar calquera tipo de violencia de xénero.
  5. Educar en igualdade. Fomentar a necesaria igualdade entre homes e mulleres.
  6. Impulsar o uso da linguaxe non sexista e da comunicación inclusiva.
  7. Evidenciar comportamentos e manifestacións de micromachismos.
  8. Impulsar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e de coidados.
  9. Romper a cadea de actitudes e comportamentos machistas.
  10. Defender que, cando unha persoa di NON, é NON.

Plataforma pola Igualdade e contra a violencia de xénero do barrio do Castrillón-Urbanización Soto.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión