Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

17 de maio: Día das letras galegas 2017

Carlos Casares

Como cada ano, e como cada día, sumámonos a esta iniciativa de honra das nosas Letras e da nosa lingua.

Nas bibliotecas temos preparada unha escolma de materiais que che permitirán achegarte á figura de Carlos Casares, homenaxeado deste ano na efeméride. Achégate á túa biblioteca e recomendarémosche, cada día, materiais en galego para que descubras.

Podes participar nesta celebración de diversas formas:

  • Se es integrante de algún dos clubs de lectura das bibliotecas, convidámoste a achegarte á figura do homenaxeado a través dun roteiro que destaca os vinte puntos sinalizados para coñecer o Ourense de Casares,
  • Se formas parte dun club de lectura dos centros públicos de educación secundaria do grupo DADO, asistindo á Gala de Premios do I Concurso de Microrrelatos que terá lugar no Centro Ágora. Nela, a biblioteca presentará, a través do programa Ler conta moio da Xunta de Galicia, o espectáculo "Black", dirixido por Iria Mejuto, no que se intercalará música coa lectura animada dos microrrelatos.
  • Colaborando na wiki que recolle Os mellores da lingua galega,
  • Subindo a túa foto a Facebook, Twitter ou Instagram e etiquetándonos (@bibcoruna). A foto ten que incluír:
    • un libro en galego (preferiblemente dunha editora pequena)
    • un elemento natural (flor, ramallete, ramiña...)
    • un sorriso
    • os cancelos #ramalletesbmc e #letrasgalegas2017
  • Asistindo a algunha das actividades que temos programada.

Materiais de Carlos Casares en Estudos Locais

Dosier literario sobre Carlos Casares:

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?