Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Descubrir os libros: programa de colaboración con centros escolares

Tipo de actividade:

Programas de colaboración con centros escolares

Destinatarios:

Infantil / centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste o programa descrubrir os libros?

Con este programa as Bibliotecas Municipais pretenden, desde unha formulación lúdica, achegar o alumnado e o profesorado ás bibliotecas para que coñezan os seus recursos, organización e servizos.

As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos adecuados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e o que ofrece unha biblioteca.

A participación no programa inclúe, ademais das visitas ás bibliotecas para grupos, educación infantil, primaria e secundaria, reunións con docentes, propostas de traballo para a aula e préstamo de lotes con materiais diversos: libros, revistas, DVD,...

Obxectivos

  • Descubrir para que pode servir a biblioteca: axudar a localizar información, elixir libros, coñecer outros lectores, divertirse...
  • Descubrir os principais servizos e actividades que ofrece a biblioteca: procura de información, recomendacións de libros, narración de contos, préstamo, horarios,...
  • Identificar os diferentes materiais que se poden atopar na biblioteca
  • Comprender a necesidade de organizar e clasificar os materiais para favorecer o acceso a eles. Coñecer algunhas ideas básicas sobre a clasificación e organización da colección.
  • Descubrir algúns recursos básicos de procura, que lle axudan ás persoas lectoras a localizar o que lle interesa: catálogos, carteis, folletos,...
  • Descubrirlles ás persoas educadoras as posibilidades da biblioteca como centro de recursos.
  • Descubrir o papel da bibliotecaria como mediadora (orientar, axudar, instruír, comentar, compartir,...) entre as persoas lectoras e os recursos que ofrece a biblioteca (información, lecer, educación,...).
  • Comprender a necesidade de coidar a biblioteca e os recursos que ofrece para que todos poidamos gozalos nas mellores condicións.
  • Captar persoas usuarias das bibliotecas.

Lugar de realización

Visitas para educación infantil e primaria

Biblioteca Ágora

Biblioteca Castrillón

Biblioteca Fórum Metropolitano

Biblioteca Infantil e Xuvenil

Biblioteca Monte Alto

Biblioteca Os Rosales

Biblioteca Sagrada Familia

Visitas para educación secundaria

Biblioteca Estudos Locais

Esquema xeral das visitas

  • Saúdo e presentación do espazo e dos servizos que se ofrecen. Realizarase de forma breve e sinxela a través do diálogo cun personaxe, unha carta, partindo de preguntas aos nenos e nenas,...). Un formato diferente para cada visita.
  • Proposta lúdica na que os nenos e nenas participan e aplican o que se lles explicou ou ben se introducen nalgún tema concreto. Habitualmente proponse un reto, enigma,... Algo que hai que resolver.
  • Avaliación e/ou posta en común.
  • Exploración libre do espazo e dos documentos. Selección de materiais para o préstamo á aula.
  • Despedida.

Participar co teu alumnado dáche dereito a...

  • Asistir a unha reunión para a preparación da visita na biblioteca que che adxudicaran. Explicaranche a visita con detalle e entregaranche os materiais necesarios (cartas de personaxes, cadernos pequenos, invitacións,...) para o traballo previo e/ou posterior na aula.
  • Visitar co teu alumnado a biblioteca
  • Utilizar o servizo de préstamo para entidades que vos permitirá ao teu alumnado e a ti seleccionar na biblioteca, o día da visita e en seguintes ocasións, ata 30 materiais de lectura e levalos á aula.

Condicións xerais para a participación

  • Para participar neste programa de visitas é condición necesaria a asistencia do profesorado a unha reunión previa de preparación. A non asistencia á devandita reunión implicará a cancelación da visita solicitada.
  • As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior, as adxudicacións realizaranse por orde de inscrición.
  • Asignaráselles aos grupos solicitantes a visita á biblioteca municipal máis próxima ao centro escolar.
  • O transporte, se fose necesario, correrá a cargo do centro educativo.

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?