Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Visitas guiadas
Infantil / centros escolares
Require inscrición
De outubro a maio
En que consiste esta actividade?
Para converterse en mozos/as investigadores/as e obter o seu flamante título, os nenos e nenas participantes deberán demostrar as súas habilidades de procura de información e resolver as probas e enigmas que se lles exporán o día da visita. O tema, os dinosauros e as claves, no material do que dispoñerán para prepararse con antelación na aula.
Obxectivos da visita
O obxectivo xeral é que o alumnado alcance maior autonomía nas técnicas de procura e uso da información; posto que se atopan na antesala da educación secundaria e incrementarase a necesidade de dominar estas habilidades
Lugar de realización
Biblioteca Fórum Metropolitano
Inscricións e información
A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible