Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Visita de 4º de educación infantil: Ole chega á biblioteca

Tipo de actividade:

Visitas guiadas

A quen vai dirixido?:

Infantil / centros escolares

Require inscrición

De outubro a maio

En que consiste esta visita?

Os nenos e nenas reciben na escola unha carta de Ole. Ole é un paxaro azul que acaba de instalarse na biblioteca e que fixo moi boas faragullas coas bibliotecarias e bibliotecarios que lle descubriron unha chea de libros e historias. Na carta Ole convídaos a visitalo para que poidan compartir con el algunhas das historias e dos libros que coñeceu.

Obxectivos da visita

  • Descubrir a biblioteca como un espazo lúdico e motivador
  • Descubrir algúns dos servizos e actividades que se ofrecen
  • Explicar, dunha maneira sinxela a clasificación e organización dos materiais de lectura dirixidos a este tramo de idade: Contos para contar, Libros con música, Libros con sorpresa, Libros para ver e O mundo que me rodea
  • Destacar o papel da bibliotecaria como mediadora ou persoa á que se poden achegar, sempre que sexa necesario, para preguntar, comentar, pedir axuda.

Lugar de realización

Biblioteca Ágora

Biblioteca Castrillón

Biblioteca Fórum Metropolitano

Biblioteca Infantil e Xuvenil

Biblioteca Monte Alto

Biblioteca Os Rosales

Biblioteca Sagrada Familia

Inscricións e información

A oferta anual destas visitas realízase a través do programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión