Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ciberclub: club virtual de lectura

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición unicamente se queres que che prestemos os libros de cada lectura nas bibliotecas municipais (biblioteca Fórum).

De outubro a maio

Se che apetece ler, compartir lecturas, opinións, reflexións..., pero sen horarios nin desprazamentos, este é o teu club! O noso club virtual de lectura, ou Ciberclub, como o coñecemos agarimosamente, está aberto para ti 24/7 na Internet e non necesitas darte de alta para participar.

Só é necesario que te inscribas cos teus datos se queres recoller na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un exemplar de cada lectura que propoñamos. Lembra que temos un número limitado de exemplares para clubs de lectura, polo que é posible que entres nunha listaxe de agarda. Consulta esta opción no correo: ciberclublectura@gmail.com.

En calquera caso, podes tentar conseguir as lecturas propostas pola túa conta. En tal suposto, nas bibliotecas podemos ter exemplares de préstamo común que podes solicitar, ou a súa versión dixital nas nosas plataformas de préstamo electrónico.

En que consiste o Club virtual de lectura?

Somos un grupo de persoas que len un libro prestado polas bibliotecas, ou conseguido pola súa conta, da man dunha persoa coordinadora que orienta, motiva e asesora. Todos as actividades, comentarios, opinións ou reflexións relacionados coa lectura do libro ou calquera outro aspecto realízanse no blog do club (polo que non é necesario reunirse periodicamente).

Sabemos que o noso modelo de vida deixa pouco tempo para a lectura ou para asistir a faladoiros literarios. O club virtual de lectura, ou como o coñecemos máis familiarmente, o Ciberclub, naceu en 2006 coa vocación de trasladar á Internet, á blogosfera, o tradicional club de lectura de tantas e tantas bibliotecas. A gran vantaxe é que non hai horarios, nin desprazamentos; simplemente goza da túa lectura e comenta cando queiras ou poidas.

Non necesitas ser unha persoa experta, simplemente debes ter ganas de ler e, sobre todo, de compartir lecturas, opinións, reflexións...

Necesito inscribirme para participar no Ciberclub?

  • Non. O Ciberclub é un club virtual de lectura aberto nunha plataforma de blog na que calquera persoa que lese ou lea os libros propostos pode comentalos.
  • Si será necesaria inscrición para optar a recoller cada libro de lectura nas bibliotecas municipais da Coruña ou para participar en certos encontros e actividades complementarios que poidan programarse.
  • Inscrición aberta do 4 ao 24 de setembro:
  • Se estás na listaxe de persoas que poden recoller libro físico e non o vas buscar ou devolver, perderás esta vantaxe e pasará á seguinte persoa da listaxe de agarda, se a houber.

Como funciona?

  • Calendario de lecturas: Desde as bibliotecas marcamos un calendario de lecturas do Ciberclub (habitualmente de outubro a maio/xuño) de libros que podes tentar conseguir pola túa conta, en formato físico ou dixital, ou ben inscribirte para que che prestemos na biblioteca Fórum un exemplar físico do libro de lectura. É posible que nese caso entres nunha listaxe de agarda xa que temos un número limitado de exemplares.
  • Ritmo de lecturas: En xeral, o ritmo de lecturas será de 1 lectura por mes, aínda que puntualmente pode variar. No verán facemos unha parada.
  • Publicación de posts e prazos de lectura: De cada lectura publicaranse varios posts (de presentación e contexto e de debates da obra) que buscarán incitar á reflexión. A través dos posts vanse poñendo prazos e informando de próximas lecturas, e neles as persoas participantes escriben os seus comentarios. É importante respectar os prazos e deixar os comentarios que corresponden a cada prazo de lectura no seu post correspondente para evitar facer spóiler a quen vaia coa lectura ao día.
  • Elección de lecturas: Algunhas lecturas serán propostas pola coordinadora do club, e outras elixiranse por votación, procurando unha diversidade de xéneros (e non só novela, aínda que sexa o que prime) e temáticas, ás veces englobados en ciclos.
  • Idiomas: Haberá lecturas en galego e en castelán, e poderase usar indistintamente galego e castelán tanto nos posts como nos comentarios das persoas participantes, aínda que o habitual será que os posts das lecturas en galego se redacten en galego e os posts das lecturas en castelán, en castelán.
  • Sancións: Afectan unicamente as persoas que teñan libro asignado dos nosos lotes para clubs de lectura. Se unha persoa con libro asignado non recolle o seu libro en 3 veces sen avisar previamente á persoa coordinadora do Ciberclub, perderá o seu dereito para recollelo durante o que reste de curso, e asignarase o libro á seguinte persoa en listaxe de agarda.

[Inciso: Se che apetece ler en galego pero non te atreves a dar o paso, animámosche a que o fagas e axudarémosche no que poidamos. E lembra que temos un club de lectura exclusivamente en galego, Club de lectura en lingua galega: lendo devagar ].

Quero publicar un comentario sobre unha lectura. Como o fago?

Antes de publicar un comentario, debes localizar o post correspondente á lectura. Unha vez nel, podes publicar o teu comentario tendo en conta as seguintes recomendacións:

  • Recomendacións sobre a participación: Para unha mellor comprensión xeral suxerímosche que fagas os comentarios na entrada ou post pertinente. Ao comentar cada lectura, pedímosche que respectes os prazos preestablecidos sen adiantar opinións sobre outras partes do libro que as indicadas e así evitar os posibles spoilers.
  • Política sobre os comentarios: Os comentarios publícanse de maneira automática xa que non os sometemos a censura previa. Valoramos que opines sobre as lecturas e temas propostos en cada post, pero tamén podes expresar dúbidas, intereses, facilitar noticias literarias, curiosidades... Debes saber que eliminaremos aqueles comentarios que se consideren ofensivos, degradantes ou que inciten ao odio contra persoas ou colectivos e, en concreto, aqueles que:
    • Difamen, abusen, acosen, asedien, ameacen ou violen os dereitos legais (como os dereitos de privacidade e publicidade) de terceiras persoas.
    • Utilicen palabras malsonantes.
    • Ofendan ou falten ao respecto a calquera persoa ou institución.
    • Conteñan contidos maliciosos (malware), publicitarios e venda de produtos ou servizos.
    • Calquera outra cuestión que menoscabe os dereitos de terceiras persoas.

Por que é importante que comente as lecturas?

Aínda non sendo obrigatorio comentar ou opinar sobre cada lectura, a túa participación é importante porque é a que dá vida ao Ciberclub, dado que os nosos debates desenvólvense de maneira dixital-textual e, se non publicas comentarios, non temos forma de saber que segues as lecturas e que che interesa que sigamos en activo.

Onde e cando?

Lugar

Día da semana Horario Frecuencia
Blog do Ciberclub Todos os días A calquera hora A que ti queiras

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión