Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Formación en informática e tecnoloxía

Tipo de actividade:

Cursos e formación

Destinatarios:

Xuvenil, persoas adultas

Require inscrición

De xaneiro a decembro

Ademais destes cursos temos á túa disposición o servizo de atención tecnolóxica personalizada, onde poderás realizar consultas concretas. Infórmate.

En que consiste a formación en informática e tecnoloxía?

Asústante os ordenadores? Pensas que es demasiado maior para empezar a utilizar un teléfono intelixente ou xa te iniciaches e gustaríache saber un pouco máis? Preocúpate a túa situación laboral se non tes coñecementos de tecnoloxía?

Cos cursos de formación en informática e tecnoloxía poderás "romper o xeo" e adquirir os coñecementos básicos para desenvolverte no mundo dixital (comunicación, correo, emprego, participación cidadá, compras, trámites administrativos...) cos dispositivos actuais: ordenador, móbil, libro electrónico, tableta. E todo iso atendendo a un uso responsable e ético das distintas ferramentas e plataformas.

Se o que necesitas é liquidar unha cuestión puntual básica e concreta relacionada coa configuración dun dispositivo móbil, con ferramentas e plataformas de redes sociais ou de internet en xeral, ou con trámites concretos que necesiten un asesoramento puramente tecnolóxico, tes á túa disposición o servizo de atención tecnolóxica personalizada.

Cursos dispoñibles

  • Iniciación á informática, internet e correo electrónico
  • Empregabilidade e procura de traballo
  • Procesamento de textos (Writer, de OpenOffice)
  • Configuración do teléfono móbil
  • Configuración de marca persoal en Internet (Branding)
  • Seguridade en Internet
  • Libro electrónico

Onde se realizan?

Lugar Prazas
Biblioteca Ágora 12
Biblioteca Fórum 13
Biblioteca Os Rosales 12
Biblioteca Monte Alto 13
Biblioteca Sagrada Familia 12
Biblioteca Infantil e Xuvenil 12

Obxectivos

  • Facilitar a inclusión dixital daquelas persoas e colectivos dotando das habilidades, coñecementos e actitudes necesarios
  • Proporcionar as competencias básicas necesarias para a utilización e o aproveitamento de dispositivos dixitais facilitando a participación individual e colectiva nos ámbitos cotiáns, administrativos, sociais, educativos e de lecer
  • Eliminar o receo inicial ao uso e aplicación dos dispositivos de comunicación e acceso á información
  • Vincular biblioteca e persoa usuaria mediante a formación e a aprendizaxe ao longo de toda a vida

Requisitos para inscribirse

  • Persoas maiores de 14 anos sen coñecementos previos de informática ou internet
  • Se che interesa repetir algún curso, terás que facelo nunha convocatoria anual distinta
  • Se non podes asistir ao curso no que te inscribiches é importante que o comuniques. Pola contra, durante a convocatoria en cuestión o sistema non che permitirá realizar ningunha outra inscrición
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña non outorgan nigún certificado ou diploma por estas accións formativas

Documentos:

Relación de cursos 2018 (515 KB)

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Próximos cursos

Cursos de informática

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?