Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Os favoritos de...

Tipo de actividade:

Contacontos

A quen vai dirixido?:

Infantil. 3 a 7 anos / familias

Require inscrición

En que consisten Os favoritos de...?

Nestas sesións, dirixidas a familias con nenos e nenas entre 3 e 7 anos, un invitado ou unha invitada moi especial compartirán coas familias os seus contos e historias favoritas.

Un total de 7 artistas visitarán as bibliotecas, de febreiro a maio, para realizar estes contacontos: haberá sesións con Raquel Queizás, Soledad Felloza, Pakolas, Pablo Pablísimo, Rato Fuco, Charo Pita ou con Paula Carballeira.

Só os nenos e as nenas necesitan inscribirse. Poderanse realizar un máximo de 3 inscricións por persoa.

Como participar

  • Para poder participar requírese unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese 7 días antes da realización da actividade a partir das 10:00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Onde e cando

Día Lugar Hora Prazas Frecuencia
luns Biblioteca Ágora 18.00 h 40 De febreiro a maio
martes Biblioteca Sagrada Familia 18.00 h 40
martes Biblioteca Fórum Metropolitano 18.00 h 40
mércores Biblioteca Monte Alto 18.00 h 50
xoves Biblioteca Castrillón 18.00 h 50
venres Biblioteca Os Rosales 18.00 h 40
sábado Biblioteca Durán Loriga 18.00 h 50
sábado Punto de servizo Mesoiro 12.00 h 30

Moi importante

Ao rematar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levar para a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en lle pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

Próximas sesións

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Escribe un texto para efectuar a busca.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?