Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca no Nadal: Historias de agasallo

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

20/12/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Tel.: 981 184 389

brosales@coruna.es

"Historias de agasallo" é o nome que leva a guía de lectura elaborada coas achegas das bibliotecarias e bibliotecarios da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.

Cremos que esta guía axudaravos a atopar pequenos tesouros para regalar nestas festas de Nadal. Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos... Visita a túa biblioteca, pérdete entre as "Historias de agasallo" e atopa ese libro, disco ou DVD co que sorprender nestas datas.

Na Biblioteca Os Rosales, ademais de atopar todas estas lecturas, as bibliotecarias presentarán e daranche a coñecer máis de preto estes títulos da guía:

  • Luna: la noche alrededor del mundo, de Britta Teckentrup
  • A hora de Simón, de Rocío Alejandro
  • El ratón y la montaña, de Antonio Gramsci
  • Serpe de cristal, de Pirililampo
  • Apestoso tío Muffin, de Pedro Mañas
  • Nevermoor. Las pruebas de Morrigan Crow, de Jessica Townsend 
  • Caderno de fume, de Antonio García Teijeiro 
  • Aurora o nunca, de varios autores e autoras
  • Animalia, 1, de Xosé Tomás 
  • Más allá del jardín, de Pat McHale
  • Ariol. Amigos del alma, de Emmanuel Guiber 

Lembra que este Nadal a túa parada obrigada son AS BIBLIOTECAS. E se queres propoñer algunha lectura podes facelo nas redes sociais empregando o hashtag #recomendamosBMC.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión