Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Verde comprometida: ruta en bicicleta

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Infantil, Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 8 anos

Cando:

22/04/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/04/2017 ata o 21/04/2017

Require inscrición

Horario:

De 10.00 a 13.00

Contacto:

Tel.: 981 184 384

bibliotecas@coruna.es

Se tes bicibleta únete á Biblioteca Verde nesta ruta. Se non a tes, prestámosche unha!

Abril é un mes especial para a Biblioteca Verde porque é un mes no que teñen lugar dúas celebracións importantes:

  • o Día do libro, o 23 de abril,
  • o Día da Bicicleta, cada 19 de abril, co que se persegue promover o uso deste medio de transporte, chamar a atención sobre os dereitos das persoas ciclistas e destacar os seus beneficios para a saúde e para a mobilidade sustentable.

Para conmemorar isto, a Biblioteca Verde, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, organiza unha ruta pola cidade combinando un percorrido urbano e outro acompañado da natureza.

Esta é unha actividade dirixida para público adulto e poderán asistir nenos e nenas maiores de 8 anos sempre que veñan acompañados por unha persoa adulta. A inscrición é individual, co cal todas as persoas (maiores e menores) deben formalizar a súa propia inscrición. Se es unha persoa adulta e non dispós dunha bicicleta, a biblioteca, a través de BiciCoruña, préstache unha.

Ao longo do percorrido as persoas asistentes estarán acompañadas por persoal bibliotecario e polas persoas expertas, que se encargarán de guiar e realizar as explicacións da actividade.

A dificultade da ruta é baixa e a súa duración estimada é de 3 horas. O punto de partida e chegada da ruta é o Cantón Pequeno, fronte ao Quiosco Alfonso.

Queres saber ...

  • Biblioteca verde

    É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión