Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Verde: SIMPLEmente aproveita a natureza

Por tipo de actividade:

Charlas e debates, Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 16 anos

Cando:

25/04/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/04/2018 ata o 25/04/2018

Require inscrición

Horario:

De 19 a 20:30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.

Convivimos diariamente con plantas que noutra hora eran coñecidas e empregadas polos seus usos medicinais, comestibles...

Esta charla/obradoiro, na que poderás redescubrir a natureza da nosa contorna e os seus usos, é completada cunha visita a Punta Herminia o sábado 28 de abril, ás 11 horas. A inscrición recolle ambas actividades.

O encontro participativo e a visita estarán a cargo da equipa de Programas de Educación Ambiental do Concello da Coruña

Queres saber ...

  • Biblioteca verde

    É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión