Imaxe extraída de Flickr
Charlas e debates
Persoas adultas
21/03/2018
Xa rematou
Dende o 14/03/2018 ata o 21/03/2018
De 19 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir, descúbreas!
Utilizando madeiras de palets, faremos artesanía ao mesmo tempo que axudamos ao medio ambiente, reducindo residuos e reciclando este material para darlle unha nova vida creando un novo elemento.
Partiremos da madeira como elemento principal para elaborar un orixinal colgador para o teu fogar.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible