Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioteCANdo: obradoiro asistido con cans

Por tipo de actividade:

Outras actividades, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

de 8 a 11 anos

Cando:

26/02/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/02/2019 ata o 26/02/2019

A inscrición é necesaria para os nenos e as nenas, que deben vir acompañados/as de unha persoa adulta

Horario:

de 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Talleres asistidos con cans do Proxecto BiblioteCANdo!

Continuamos co Proxecto BiblioteCANdo na Biblioteca Durán Loriga.

Este segundo obradoiro será impartido de novo pola Unidade de Investigación de Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña (INTOINFA) e a empresa IncrescenTO, coa colaboración do Centro canino Montegatto.

Ca interacción cos labradores Nana e Jym veremos como se pode traballar no desenvolvemento persoal dxs nenxs:

  • Mellorando as habilidades sociais e de relación cos demáis.
  • Aumentando a independencia dos nenos con respecto aos seus maiores.
  • Incrementando a participación en actividades comunitarias e grupais.
  • Mellorando a comunicación verbal e non verbal (control da expresión corporal).

Un taller para compartir valores en familia.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión