Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura QUEERuña

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Xuvenil, Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Xuvenil e público adulto

Cando:

16/10/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2019 ata o 16/10/2019

Require inscrición

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

Volve o club de lectura LGTB, que chega xa á súa IV edición

Arrinca a cuarta edición do club de lectura LGTB das bibliotecas, o QUEERuña, e este ano faino con unha novidade: cada dous encontros haberá unha sesión especial "All Stars" na que se combinará o debate en torno ao ensaio Testo Yonqui co dun libro debatido en edicións anteriores e que será elixido entre todxs.

O club, que se estende de outubro a xuño nas datas que a continuación se detallan, facilitará os seguintes títulos ás 20 persoas inscritas:

  • 16 outubro: Sputnik, mi amor, de Haruki Murakami
  • 20 novembro: Diáspora do amor balea,  de Andrea Nunes e María Rosendo
  • 18 decembro: sesión All Stars
  • 15 xaneiro: Kitchen, de Banana Yoshimoto
  • 19 febreiro: Carol, de Patricia Highsmith
  • 18 marzo: sesión All Stars
  • 15 abril: Polifonía amorosa, de Laura Latorre
  • 20 maio: Stuck Rubber baby,  de Howard Cruse
  • 17 xuño: Sesión All Stars

Os encontros terán lugar, coma todos os anos, o terceiro mércores de mes na Biblioteca Ágora. Contamos contigo?

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    En que consiste o Club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O Club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de Igualdade e Diversidade. No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas.

    A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión