Clubs
Persoas adultas
22/10/2018
Xa rematou
Dende o 15/10/2018 ata o 22/10/2018
Require inscrición
de 19.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
O teatro lido é outra forma de desfrutar dos textos dramáticos. Aproximación ao teatro e diversión en grupo a través de xogos de expresión oral son algún dos condimentos desta actividade.
Se tes máis de 18 anos e unha base mínima de destreza lectora en galego, podes inscribirte neste club. Nel poderás mellorar a lectura e expresión en galego e castelán, coñecer e practicar recursos que favorecen a expresión oral, aprender as técnicas básicas da construción do personaxe e mellorar a expresión en público. Entre outubro e abril reunirémonos todos os luns para preparar o que será a culminación deste club: a representación pública dos textos traballados.
Anímaste?
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible