Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos con arte de Mondrian

Por tipo de actividade:

Contacontos, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 3 a 8 anos.

Cando:

27/11/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/11/2017 ata o 27/11/2017

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 19.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

Contacontos familiar en colaboración coa Federación de Persoas Xordas de Galicia (FPXG)

Da man das bibliotecarias e en colaboración coa Federación de Persoas Xordas de Galicia, participaremos dun contacontos signado de carácter inclusivo. O fío conductor será a obra "El cuadro de Mondrian quiere ser cíclope", da autora Violeta Monreal.

A continuación da sesión de contacontos, teremos oportunidade de traballar con cartulinas e cintas para crear personaxes e cadros ao estilo de Mondrian.

Esta actividade é de carácter familiar e require que os nenos e nenas veñan acompañados por unha persoa adulta.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión